Saturday 18 de May de 2024

O taekwondista Álvaro Regueiro Caamaño, campión galego júnior


Álvaro Regueiro Caamaño acadou recentemente o Campionato Galego Júnior de Taekwondo 2017 na categoría -74 quilos. Pola súa banda o seu compañeiro Rodrigo Varela Mirás acadou o bronce en -59 quilos. Ambos os deportistas están convocados nas próximas semanas pola Federación Galega para participar nos adestramentos de cara á representación no Campionato de España Júnior, o cal terá lugar en La Nucia (Alacante) o vindeiro 3 de xuño.